Actos de interes


Visita Axenda Aberta
Premede para acceder
Axenda Aberta




16/3/11

Solidaridade co pobo de Xapón

En máis de 20 cidades españolas, Ecoloxistas en Acción convocou para mañá xoves, 17 de marzo, actos en solidaridade con pobo xaponés e de rexeitamento á enerxía nuclear.


En Fukushima Daichii prodúxose o segundo accidente máis grave da historia nuclear mundial, tras o de Chernobil. A situación actual é crítica, dada a fuga radiactiva xa detectada a centos de km. da central de Fukushima. Estes sucesos poñen de manifesto o risco no emprego da enerxía nuclear e aconsellan abandoar esta fonte de enerxía. As centrais españolas non están exentas de problemas e supoñen un risco inadmisible. O máis sensato é proceder ao peche escalonado, co obxectivo de prescindir da enerxía nuclear no horizonte de 2020.
Por todo isto e en solidaridade coas víctimas do terremoto, acude á concentración.

Lugar: Ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (Pza. de España). Ferrol.
Hora: 19:00 hs.

No hay comentarios:

Publicar un comentario