Actos de interes


Visita Axenda Aberta
Premede para acceder
Axenda Aberta




F.Ecoloxía

1.-METODOLOXÍA E FUNCIONAMENTO DE REFUNDANDO.

O 14 de outubro celebrouse na asociación veciñal de Esteiro a Segunda Xuntanza do Foro Aberto de Ecoloxía; nela contamos de novo coa participación de Inacio Martínez Otero, colaborador de Adega e Artabra 21. Temos que dicir, que logo do relativo éxito que tivo o primeiro encontro, celebrado o pasado 7 de outubro, coas interesantes ponencias de Inacio e de Xose María García Villaverde, colaborador de Verdegaia que.,igual que Ignacio, compareceu a título persoal, e o animado debate ó que despóis deron lugar,o grupo motor de Refundando en Ferrol animámonos a celebrar este segundo encontro. Nembargantes, e debido a escasa asistencia de apenas media ducia de persoas alleas ao grupo motor, cuestionámonos a conveniencia de celebraren este segundo e sobre todo, a nosa capacidade de convocatoria, polo que somos conscientes de que nese eido teremos que reforzar o noso traballo dinamizador. A este obxecto, decidimos fixar unha próxima reunión con anterioridade a celebración do próximo foro de feminismo.

Decidimos, por outra banda que, para coordinar o traballo entre os foros e o grupo motor sería suficiente contar cun coordinador pertencente a cada un dos foros, e non dous coma se falara. Os coordinadores dos foros servirán de enlace co grupo motor asistindo as reunions deste. Se de cada foro se elixiran dous coordinadores, sumariamos os sete integrantes do grupo motor, entre oito e doce persoas, dificultándose o dinamismo das reunións.

2.- FORO ABERTO DE ECOLOXÍA.

Entrando xa no contido do debate do Foro de Ecoloxía, éste centrouse na producción enerxética.Conscientes de que habemos de tratar os temas de máis actualidade e cercanos, facendo nosa a máxima “actuación local, pensamento globlal” analizamos a incidencia do decreto estatal do carbón, dende unha óptica ecoloxista. Dende Refundando defendemos un modelo de desenrrolo sostible, respectuoso co medioambiente, e coas persoas que o habitan, presentes e futuras.

a.- O decreto estatal do carbón.

O decreto estatal que regula as centrais térmicas que utilizan o combustible fósil non renovable do carbón beneficia a aquelas centrais que usan carbón español. As centrais térmicas de Meirama e As Pontes, utilizan carbón de importación, traído de EEUU ou Indonesia. Estes son moito mais contaminantes que os de orixen nacional. Por iso, o goberno estatal, seguindo as directrices da lexislación comunitaria sobre protección do medioambiente, decidiu apostar por aquelas centrais, as de Asturias, que utilizan un carbón menos contaminante.

Nas comarcas afectadas, o decreto caeu coma auga fría. Os traballadores ven perigar os seus postos de traballo se chega o peche definitivo, e crearon unha plataforma para a defensa dos seus intereses. Pensan que o decreto, non só afectará as comarcas de Cerceda e As Pontes, senón tamén en Ferrol, “vai ser un golpe tremendo para o porto e para as empresas de transporte do carbón”

b.- Dez razóns para pechar as térmicas de carbón.

Por outra banda, as principais agrupacións e colectivos ecoloxistas (perto dun cento), entre elas cabe mencionar a modo de exemplo Greenpeace, Rede Galicia non se vende, Verdegaia, Ecoloxistas en Acción, Amigos da Terra ou asinantes a título individual coma Xosé Manuel Beiras, Lupe Ces, Carlos Taibo ou Quico Cadaval; daban a coñecer o manifesto “Dez razóns para pechar as térmicas de carbón”. Perante a crise ecolóxica e enerxética global non debemos esquencer que unha producción enerxética limpa, é dicir, non contaminante e renovable, é a base dun desenrolo sostible.

Non se tratan de entelequias, a organización ecoloxista Greenpeace estima que para o ano 2050 é perfectamente posible que se produza o 100% da enerxía a partir de enerxías limpas e renovables, isto é, eólica, hidráulica e solar. Pero é que, dentro dos combustibles fósiles non renovables, o carbón é, coma o manifesto denuncia, “ o máis contaminante, o primeiro que habería que substituír” e as centrais térmicas que o utilizan, son, con diferencia,”as máis intensivas en emisións de dióxido de carbono(CO2), o principal gas causante da mudanza climática, o problema socioambiental global máis preocupante”. Tamén deterioran a calidade do aire, “Durante 2009 superáronse os valores recomendados pola Organización Mundial da saúde(OMS) para concentración no aire de de dous dos principais contaminantes nas áreas de influencia destas centrais; ozono troposférico (As Pontes) e partículas(M.eirama).

“Según un informe de WWF/Adena, Endesa é o meirande foco de contaminación por CO2 de España e a novena central eléctrica más contaminante de Europa, no 2004 emitiu 10,7 millones de toneladas de CO2, una cantidade equivalente á que producen 2,4 millons de coches. E non se trata só de CO2. Ramón Varela, responsable de Adega na comarca de Ferrol, calculaba con datos do 2000 que as térmicas galegas, sobre todo Meirama e As Pontes emiten o 30% de dióxido de xofre do estado español. E o SO2 que convírtese na atmósfera en ácido sulfúrico, deposítase logo en forma de choiva ácida”, coma denunciaba un artigo do periódico dixital ELPAIS.

Segundo o colectivo Ártabra 21; “Endesa déixanos unha herdanza envelenada; unha vila depauperada, o Río Eume sobrexplotado e moi deteriorado, un problemático lago artificial, a saúde das persoas, da terra e do medio ambiente moi mermada, dous portos carboneiros que emprobrecen a Ría de Ferrol e as enormes cantidades de CO2, responsables do quezemento global; dióxido de xofre e óxidos de nitróxeno, responsables da “choiva ácida” e partículas responsables das enfermidades respiratorias”

Por riba disto estas centrais acentúan a dependencia enerxética externa, sobre todo dende que as térmicas utilizan só carbón de importación. Son ineficientes, segundo o manifesto “presentan un rendimento de so o 37% na transformación de enerxía primaria do carbón en electricidade. E decir, consomen en forma de carbón perto de tres veces máis enerxía da que obteñen en forma de electricidade”. Sen ir máis lonxe a propia Endesa recoñecía que a actividade das central de As Pontes e a de Cercdeda caera en picado este ano; Endesa produciu en torno o 45% da súa actividade e Cerceda o 30%.


O carbón para as centrais é transportando en estrada até as centrais xerando importante contaminación atmosférica e acústica e coma señalaban os autores de Muros de silencio. Corrupción e amenaza da Ría de Ferrol. O caso Reganosa,
Este transporte xera “un maior custe ambiental e para as administración públicas no mantenemento dunhas estradas que se deterioran aceleradamente polo paso dun gran número de camions ó día cargados de carbón, cando dende hay varios anos a Unión Europea está impulsando o tráfico destas mercancías por tren . En 1994 o Grupo empresarial Tojeiro impedíu a construcción do ferrocarril Ferrol-As Pontes para o transporte de carbón a Endesa, co único fin de permitir o gran negocio do transporte do carbón por estrada que Endesa lles adxudicara, (...) evitándose así o efecto dinamizador que o ferrocarril tería nestas zonas”


c.- Intereses en conflicto.

As centrais térmicas de Meirama e as Pontes pertencen ós grupos empresariais
De GAS NATURAL FENOSA(Meirama) e ENDESA(As Pontes). Endesa foi privatizada logo dunha polémica OPA en 1990, opera en 11 países, cotiza en el Ibex35 e é subsidiaria dunha empresa italina, Enel que controla o 92% do seu capital. Gas Natural Fenosa é unha multinacional enerxética lider del sector del Gas en españa e en Latinoamérica. O seu conselleiro-delegado Rafael Villaseca Marco posicionou a compañía en contra da inversión en I+D no sector da enerxía renovable xa que a compañia segue a estar centrada no sector dos combustibles fósiles.
A central de As pontes percibíu cuantiosas subvencións, tanto estatais coma procedentes de fondos europeos. Polo principio do “lucro cesante”, as centrais térmicas nacionais perciben do Estado, o que preveían facturar. Aínda que se poroduza unha baixada do consumo, elas non teñen pérdidas.
Tamén os contribuíntes habemos de facer frente o chamado “deficit de tarifa”

Polo tanto, ¿qué interés se está aqui a defender?
Estas empresas, non o esquenzamos son das chamadas “empresas enclave”, grandes grupos empresariais privados, no caso de Endesa de capital extranxeiro que deixan unha gran pegada ecolóxica logo de explotaren os recursos, e levarse os beneficios, e que no caso de chegar o momento en que as condicións de mercado encarezan por exemplo o mineral de importación ou deixaren de percibir subvencións estatais ou comuninarias, non terían reparo en pechar deixando na rúa os seus traballadores e trasladarse a outros países onde, ou as leis medioambientais sexan máis permisivas, ou a man de obra barata lles permita rebaixar os costes e aumentar os beneficios.


d.- Manipulación informativa.

Aspectos estes que, debido a manipulación dos medios de comunicación, son ignorados pola ciudadanía, como o é o feito que dende a Conferencia de Kioto os países asinantes han de pagar pola compra de emisión de CO2.

Coma sinala o anteriormente referido manifesto, “é necesario considerar os prexuícios sociais que conlevaría o peche definitivo das térmicas de carbón e encaralos eficazmente a través de medidas de protección social, de formación e de alternativas sustentables de emprego”. Estamos certos de que unha transición- xusta para os traballadores e traballadoras e para as comarcas afectadas negativamente- cara un modelo enerxético sustentable, baseado no aforro e nas renovables(na Galiza prodúcese perto do 50% do que consumimos en renovables) , suporía grandes beneficios para o conxunto dos traballadores, tamén no eido do emprego”. Cómpre demandar unha reconversión gradual das personas que dependan da actividade térmica a outra actividade económica sustentábel.

Hemos de sinalar a gran cobertura informativa que está a ter a denominada
“Marcha Negra” e o manto de silencio ou mesmo desacreditación, que unha vez máis como xa pasara co caso Reganosa ou cas minas da Serra do Caurel, por poñer so uns exemplos, se extende sobre as voces críticas;así, nun artigo de opinión de Carlos Luis Rodríguez publicado no diario El correo Gallego o 15 de outubro, dise que as asociacións que publicaron o manifesto “afástanse dos problemas do presente, para refuxiarse na utopía, facendo abstracción do coste human”. Que prantexan “alternativas ficticias que ninguén coñece” e por último, e con isto xa se califica por si mesmo o periodista, “na actualidade considérase a industria como algo a protexer a pesares dos costes ambientais que teña”.

Tamén faise demagoxia cas cifras de traballadores afectados, chegándose a falar ate de 5000 empregos ou “miles de empregos que están en vilo”, cando en realidade son moitos menos, en Endesa estímase que traballan perto de 1000 persoas. Do que non se fala é de os Expedientes de Regulación de Emprego que se están a producir nin dos 16.000 parados na Galiza.

É verdade que Endesa fixo inversións para paliar a contaminación emitida pero reducíuse non o CO2, senón só as emisións de dióxido de xofre.

En Refundando queremos que os medios de comunicación cumpran coa súa responsabilidade, e trasladen á sociedade un debate realmente plural e obxectivo, donde todas as voces teñan cabida, donde non se nos diga que “todo vale” e que non existen alternativas a un modelo de desenrolo depredador e inxusto. Defendemos unha economía productiva e non especulativa, que non prime os intereses das grandes corporacións. Pensamos que non é racional destruir o noso hábitat e de que temos a resposabilidade de deixaren os nosos fillos un mundo millor. Pensamos que ese modelo sí pode sustentarse nas renovables, no aforro ou adecuada xestión(evitando o despilfarro) e no decrecemento.



3.- Propostas de debate para o próximo foro de Ecoloxía:

- A contaminación da Ría de Ferrol chega a niveles alarmantes, ¿qué pasa coa depuradora?.
- ¿E realmente preciso ampliar o porto carboneiro de Ferrol?
- Paralización da mina de extracción de andalucita do Eume.
- Sector primario, ¿podemos parar a súa destrucción?
- Crise demográfica ou superpoblación e crise alimentaria.
- A enerxía nuclear.
- O decrecemento coma alternativa ante a crise enerxética