FORO ABERTO DE FEMINISMO
Celebrado o 21/10/10, nesta ocasión contamos coa participación de Lupe Ces, militante feminista, que colabora coa Marcha Mundial das Mulleres, un movemento internacional de accións feministas que reúne grupos de base que traballan para eliminar as causas da pobreza e da violencia contra as mulleres.
1.- Muller, crise e a política gubernamental central.
As últimas reformas do Goberno non fan máis que acrecentar a situación de vulnerabilidade das mulleres e perxudicar a quenes, pola lóxica do sistema capitalista, xa se atopaban desfavorecidas:
A Reforma laboral recentemente aprobada: elimina a bonificación para a nosa contratación, mantén os incentivos para a contratación parcial(principal responsable da dualización do xénero do mercado de traballo), introduce unha a maior movilidade que tamén perxudica comparativamente os nosos intereses, xa que as mulleres soemos ter menor flexibilidade que os homes debido ás cargas familiares, etc, e por último, non inclúe as empregadas do fogar no E.T, perpetuando así a discriminación dunha actividade laboral históricamente feminina.
Por outra banda ,outros recortes no gasto social coma a conxelación das pensións e a propuesta de ampliar o período de cálculo da cotización, afectarán particularme as mulleres. A raíz da nosa concentración na economía informal, así como a frecuente interrupción da nosa vida laboral para coidar os fillos, atopamos máis dificultades á hora de sumar a cotización esixida. Neste senso dende Refundando, pensamos que cómpre o desenrrolo dos servicios de atención á dependencia e outros servicios de proximidade que fagan emerxer actividades económicas mergulladas. A transformación deste traballo oculto en empregos socialmente recoñecidos, é indispensable.
As axudas da “Ley de dependencia” e o “Cheque-bebé”, aínda que son medidas claramente insuficientes, conxélanse e retíranse respectivamete a partires do un de enero do 2011. Consideramos tamén un paso atrás a desaparición do Ministerio de Igualdade, seica por presións da prensa conservadora,que desprecia a reivindicación, sostida cunha larga loita polo movimento feminista de otorgarlle rango ministerial as políticas de igualdade, aínda que habería que preguntarse se as partidas presupuesarias ridículas coas que contaba este ministerio, cunha insuficiencia de medios que lastran a súa efectividade, non facían del un mero guiño de cara á galería.
Estes recortes ó estado do benestar, veñen a sumarse ás tasas de paro de longa duración, ás maiores tasas de temporalidade e parcialidade, á discriminación salarial cun salario medio un 25% inferior ós dos homes, á pouca estabilidade no traballo ,á maternidade como motivo para no seren contratada, a boa imaxe para serlo, , maior concentración na economía informal, e á dobre xornada laboral, no traballo fora e dentro da casa xa que logo non temos conquerido que os homes asuman a súa corresponsabilidade no traballo do fogar. Todos estes datos e medidas amosan que por moito que se oficialize a igualdade, ésta non é real aínda no estado español, e ven a sumarse a unha desprotección das mulleres insostible, onde a desigualdade non é so laboral senon económica e social, e vaise agrandando cada vez máis entre homes e mulleres.
2.-Ofensiva neoliberal e crise do feminismo institucional, respostas:
Perante isto, atopámonos con que o feminismo está a atravesar un período de cambios. As alianzas coas institucións ou feminismo institucional nin consolidaron os nosos dereitos, nin modificaron a base da dominación patriarcal. Estamos a presenciar unha clara ofensiva do capitalismo e do patriarcado que teñen coma expresión máis cruda os fundamentalismos relixiosos, entre eles o católico, cuyo constante ataque os dereitos da muller, está a gañar terreo a nivel institucional e social, conformando unha especie de “veo invisible” para as mulleres.
Os sectores máis reaccionarios coinciden en suplir a falta de medios públicos para as políticas sociais coa volta á casa das mulleres , sen traballo asalariado e independencia económica. Nunha enquisa publicada recientemente, o 48% dos homes se amosaba a favor disto. A alianza entre capitalismo e patriarcado refléctase neste punto , onde, en vez de quitar financiación os gastos parasitarios do estado como é o exército ou a Casa Real, óptase por medidas antifemininas, quitando estas axudas que principalmente, afectan á muller, que é quen segue a asumir as tarefas de reproducción e coidados na nosa sociedade. Os recortes sociais e a pérdida de apoio público ás familias, verase compensado, novamente coa intensificación do noso traballo de coidados invisible e de balde. Perante esta alianza entre capitalismo e patriarcado que desemboca nunha dobre explotación para o xénero feminino, como clase e como muller, o feminismo precisa:
- Radicalizar a loita, e propoñer un modelo alternativo de producción que atenda as novas demandas e realidades sociais, onde se expanda o estado e o gasto social para avanzar ate a igualdade real e efectiva. A proclamación da igualdade entre homes e mulleres perante a ley non remata coa explotación real das mulleres, xa que esta non depende únicamente do lexislativo, senon de estructuras máis amplas como as económicas, políticas, sociais que requiren un traballo dende o máis básico(a educación), e de confrontación cos pilares básicos do patriarcado e a a súa perpetuación.
- Novas estratexias de colaboración para articular a súa loita coa de outros movimentos más amplos; indixenistas, altermundistas, de dereitos humans, migrantes, etc.
- Novas formas organizativas. Tradicionalmnte as mulleres articulaban a súa loita a través ben, de organización ou colectivos propios, ou da dupla militancia en organizacións de esquerdas e feministas. E fundamental consolidar o movemento a través de espacios propios de concienciación e formación. Formación, non só entendida como todo o necesario para seren cidadás de pleno dereito, independentes económica e socialmente, librepensadoras e autosuficientes senon tamén, formación política.
Formación política que nos permita achegarnos o empoderamento e romper coa nosa discriminación e invisibilidade históricas, participando no político sen complexos de inferioridade con respecto ó home, rompendo co medo a liderar e mesmo a falar en público das mulleres. Precisamos que as mulleres comprometidas conten cos recursos formativos precisos para exercer acividade política en institucións, partidos e sindicatos. Nembargantes, e posto que corremos o risco de seren as únicas que abandeiren a emancipación de máis do 50% da poboación, precisamos integrar ós homes. Se cadra son tempos chegados para construiren espacios mixtos donde homes e mulleres poidan impulsar as transformacións que require a sociedade actual. Espacios onde os homes poidan atopar referentes que lles sirvan de modelo nos que guiarse en canto a perspectiva de xénero se trata.
Tamén cabe preguntarse se non serían interesantes para a muller nestos tempos de crise e de indiferencia institucional, formas coma as cooperativas de traballo, etc, auto-organizativas e auto-xestionadas, que poideran contar co apoio financieiro da Banca ética es social.
- Ate que cheguemos a unha igualdade real e non so legal ou formal, é preciso que a perspectiva de igualdade de xénero impregne todo o politico de forma transversal, así como que seguen a ser precisas políticas activas que promovan a verdadeira igualdade.