Actos de interes


Visita Axenda Aberta
Premede para acceder
Axenda Aberta




F.Cultura

Maldito ceo estampado

de paxaros mortos
 
rebentados animáis contra os ollos recén feitos

beizos reventados contra o silencio antigo

silencio cosido á boca das ratas,

anacos e farrapos entre as unllas de deus

do teu puto deus cinematográfico

do teu fafuloso e panorámico deus

intercambiable, únicamente, por un povo en lapas.

Maldito ceo raído pola carraxe

que deixa insomne á madre das feras

aos cachorros da sangue

ás xerosas pedras que cantan

no leito dun río

que o teu odio seca ate acuñar cinza.

Insoportable este peso do horror

que é a túa amurallada pregaria do sábado

cando invistes ouro

en nenos decapitados coma civilizacións da alborada.

Numismático terror o que acumulas

nesa titánica pantalla de sangue

onde os asesinos chatean coas súas víctimas

abertas coma as fragas

á canle famenta de piedade erguida

dun insaciable corazón de leite negra, negra, negra…

Así son as túas certeras fendas no negocio da morte

onde a máxima rendibilidade é a miseria.

Maldito sexa este ceo de astillas

que con parsimoniosa astucia

incrustáis entre as pálpebras da alborada.

Baixo os pés das árbores escorrentadas

os nosos cadáveres cociñan manxares da terra

para o día do teu imposible retorno

para o día no que as verbas teñan a paciencia dunha bala.

Sen presa, como é o pan das mulleres

e as mans en ramas dos namorados

inventando peixes nas charcas dos bicos

e todo armado ate os dentes

coma un conto sen as túas terribles pregarias

multiplicando a música e o viño

na interminable voda do ceo e da Terra

e prestas regresen para descubrir

que teñen comenzado os festexos

e que ende xamáis, ende xamáis

o noso corazón se convertirá

en estatua de sal

ante a pena negra

que nos decapita ao mencer.

Karlotty Valle