Actos de interes


Visita Axenda Aberta
Premede para acceder
Axenda Aberta




25/10/11

¡¡TODAS AS FAMILIAS A RÚA, Contra os recortes na Sanidade Pública!!

¡¡TODAS AS FAMILIAS A RÚA, Contra os recortes na Sanidade Pública!!

O xoves, 27 de Outubro do 2011, ás 20:00h, Concentración na Praza de Armas-Ferrol

Convoca a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, constituída por 45 colectivos e organizacións de diferente signo.


A.C. A Revolta, A.C. Fuco Buxán, VV. A Cabana, A.VV. Caranza, A.VV. Covas, A.VV. Esteiro, A.VV. Ferrol Vello, A.VV. O Cruceiro de Canido, A.VV. O Cruceiro de Meá, A.VV. O Lago-Doniños, A.VV. O Rosario-Inferniño, A.VV. Prioriño, A.VV. San Fernando-Recimil, A.VV. San Pablo de Catabois, A.VV. Santa Eulalia de Limodre, A.VV. Santa Mariña, A.VV. Serantes, A.VV. Ultramar, A.VV. Valle de Esmelle, A.VV. Valón, AFINOR(Fibromialxia), AGAVIDA, ALCER, AMICOR, Asociación de Diabéticos Ferrolterra, Asociación Parkinson Ferrol-Ferrolterra, ASPANEMI, Ateneo Ferrolán, B.N.G., C.I.G., CC.OO., COGAMI-FERROL, Colectivo Ártabra21, CPS de San Valentín, CSIF, Esquerda Unida, Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas, Grupo Rural de Narón, LAZOS-Comité Antisida de Ferrol, PSdeG-PSOE, TEIMA-SINDROME DE DOWN, Terra Galega, U.G.T., U.S.T.G., Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Ferrol


Esta convocatoria vai ser simultánea en diferentes cidades e vilas da Galiza, convocadas polas diferentes plataformas e SOS Sanidade Pública.



http://www.sos-sanidadepublica.org/

http://plataformadspferrol.blogspot.com/

¡¡XOGAMONOS MOITO COMPAÑEIR@S!!

DIFUNDIDE AOS VOSOS CONTACTOS

6/9/11

O 23, 24 e 25 de Septembro celebrarase o Foro Social Ferrolterra

FSFT 02.jpg


Entra no blogue para coñecer o Programa.
A participación é aberta, aínda que se agradece, por motivos organizativos e de previsión de asistencia, que se realice a inscripción con antelación.

O Foro é autoxestionado, podes facer a túa contribución económica a través do número de conta bancaria que tamén se facilita no blogue.

Foro Social de Ferrol Terra
http://forosocialdeferrolterra.blogspot.com/

3/7/11

Salvemos o colexio San Xoan de Filgueira

Aproveitando a visita do Conselleiro de Educación a escola de San Xoan de Filgueira,mañá 4 de Xullo,varias asociacións concentraránse as portas do centro.

A concentración terá lugar de 12:00 h a 14:00 h.

Agradécese a difusión e participación de l@s que poidades acudir. Queren deixar este centro cunha soa liña, así cada clase tería un cociente de 25 nenos, imposible polas características do alumnado.

Non ao desmantelamento da escola pública.

Chamamento feito dende:
DRX Ferrolterra
Toma la Calle Ferrolterra
Refundando a Esquerda Ferrolterra
Mesas de Converxencia Ferrolterra
A. C.Fuco Buxán

+ Dende os sindicatos e partidos políticos

22/6/11

"Refundación da Esquerda" apoia a concentración na defensa do ensino

Concentración contra a reforma antisocial do ensino
Concentración:
"Contra a ampliación do horario lectivo,despidos,e precariedade nos centros públicos de ensino"
Hoxe ás 20:00 h ,no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia,(Praza Amada García)-Ferrol

Esta reforma antisocial "Vai eliminar máis de cen postos de traballo e haberá mil mestres menos"

ACUDE E DIFUNDIDE!!
Convocan:
Todolos sindicatos con representación no ensino galego
A esta concentración estánse sumando varias AA.VV,Asociación e colectivos da comarca,tamén conta co respaldo do alumnado

16/3/11

Solidaridade co pobo de Xapón

En máis de 20 cidades españolas, Ecoloxistas en Acción convocou para mañá xoves, 17 de marzo, actos en solidaridade con pobo xaponés e de rexeitamento á enerxía nuclear.


En Fukushima Daichii prodúxose o segundo accidente máis grave da historia nuclear mundial, tras o de Chernobil. A situación actual é crítica, dada a fuga radiactiva xa detectada a centos de km. da central de Fukushima. Estes sucesos poñen de manifesto o risco no emprego da enerxía nuclear e aconsellan abandoar esta fonte de enerxía. As centrais españolas non están exentas de problemas e supoñen un risco inadmisible. O máis sensato é proceder ao peche escalonado, co obxectivo de prescindir da enerxía nuclear no horizonte de 2020.
Por todo isto e en solidaridade coas víctimas do terremoto, acude á concentración.

Lugar: Ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (Pza. de España). Ferrol.
Hora: 19:00 hs.

15/2/11

3º "Foro Aberto de Ecoloxía"

Este mércores 16 de Febreiro,na Sala de Conferencias da Biblioteca Municipal de Ferrol ,ás 19:30 horas, terá lugar a celebración do 3º "Foro Aberto de Ecoloxía" da "Refundación da Esquerda" en Ferrolterra, baixo o epígrafe “As nosas Fragas; reserva da biodiversidade”.
Nel intervirán varios membros de organizacións ecoloxistas,logo de proxectarse a curtametraxe-documental "Minar"
A continuación,terá lugar o debate aberto a cidadanía


A curtametraxe-documental "Minar" naceu nun curso de vídeo participativo organizado por ACSUR-Galiza,en colaboración con Fuco Buxán,evalúa as consecuencias da implantación dunha mina de andalucita a ceo aberto , por parte da empresa de capital anglo-sudafricano "Picobello Andalucita SL", en As Pontes, no lugar coñecido "O Pico Vello".


A evolución e conclusións da "Refundación da Esquerda" en Ferrolterra,podedes ollalas na bitácora: http://refundaciondaesquerdaferrolterra.blogspot.com/

8/2/11

"Foro Aberto de Cidadanía e Dereitos Civis"

"Refundando a Esquerda" en Ferrolterra,convida a toda a cidadanía a participar no "Foro Aberto de Cidadanía e Dereitos Civis". 

O acto terá lugar,mañá mércores,9 de febreiro,ás 19:30 h,no Salón de Actos da Biblioteca Municipal,(Praza de España),Ferrol 
Abrirá o foro debate,en calidad de ponente; 
Xesús M. Díaz 
Agradecemos difusión e asistencia

25/1/11

"Foro Aberto de Cultura".

"Karlotti"
"Refundando a Esquerda" convida a toda a cidadanía a participar no "Foro Aberto de Cultura".


O acto terá lugar,mañá mércores,26 de xaneiro,ás 19:00 h,no Salón de Actos do Centro Cultural CARVALHO CALERO,Ferrol

Abrirán o foro debate;

Guillermo Ferrández e Juan Carlos Valle "Karlotti"
agradecemos difusión e asistencia

http://refundaciondaesquerdaferrolterra.blogspot.com/