Actos de interes


Visita Axenda Aberta
Premede para acceder
Axenda Aberta




F.Memoria Hist.

* Nesta ocasión contamos no primeiro Foro Aberto de Memoria Histórica de Refundando a esquerda en Ferrol, celebrado o 4/11/2010 coa participación de Eliseo Fernández. Diplomado en Biblioteconomía e Documentación, membro e colaborador do Ateneu Libertário Francisco Iturralde de Ferrol e do Ateneu Libertário Ricardo Mella de A Coruña. Colaborou coa Fundación Aurora Intermitente de Madrid,na clasificación do seus fondos hemerográficos e archivísticos, e coa Fundación Anselmo Lorenzo de Madrid e na catalogación dos seus fondos hemerográficos. Suas áreas de interés son "Anarquismo e anarcosindicalismo en Galicia", "Anarquistas galegos na emigración e no exilio", e "Bibliotecas Obreiras".





FORO ABERTO DE MEMORIA HISTÓRICA

1. Reconstruyendo o noso pasado
“Toda a vida da nosa sociedade civilizada depende, máis que dos feitos do desenrrolo económico en sí mesmos, da maneira en cómo diversos medios privilexiados, máis ou menos favorecidos polos Estados, reaccionan sobor os feitos.O que decide a política dos estados modernos é, no fondo, sempre a alta finanza: a aprobación ou desaprobación desta fai e desfai ministerios en toda Europa e o argumento decisivo en calquera determinación importante de orden interno ou externo é a opinión do Rothschild ou do sindicato dos grandes banqueros de París, da Viena ou de Londres” Kropotkin.

Perante o ascenso das conquistas do movemento obreiro revolucionario e social en toda Europa dende mediados do século XIX e principios do XX, os diferentes sectores oligárquicos máis ou menos privilexiados polos estados modernos e coa financiación da grande industria pesada ou metalúrxica na Alemania e Italia, e dos grandes latifundistas e terratenientes en España, reaccionan apoiando a grupos ou partidos ultraderechistas que, moitas veces baixo o paraugas demagóxico de programas supostamente socialistas(nacionalsocialismo ou nacionalsindicalismo), e aproveitando , entre outros factores, o caldo de cultivo do descontento social que significou para amplos sectores de poboación as grandes crisis coma a inciada polo crack do 29 na bolsa de Wall Street en New York que remataría por contaxiarse ó resto de Europa , alzánse coma representantes dos dereitos adquiridos e toman o poder, ben sexa democrátivamente coma no caso de Alemania e Italia ,ou por medio do terror, coma aconteceu no noso país.

Para defenderen os seus intereses de clase crense na obriga de entregar o poder a distintos cancilleres; Mussolini en Italia, Hitler en Alemania ou Franco en España, onde o fascismo liderado polo “caudillo” pásase a chamar franquismo ou “réximen anterior” para os socialdemócratas de centro. Estes cabecillas serán os encargados de aniquilar as liberdades recentemente conqueridas, e impedir a súa resurreción. Cumpría “inocular” o enemigo e exteminalo a través de dictaduras brutais xa que logo Europa estaba enferma, enferma de liberdade, e cumpría curala das súas dolencias sociais ou mesmo libertarias.

Trátabase de extirpar a “idea vermella”, algo parecido á “solución final” nacionalsocialista, coma declaraba explícitamente «o director» Emilio Mola: «Hay que sembrar o terror, hay que deixar sensación de dominio eliminando sen escrúpulos nin vacilación a tódolos que non pensan coma nos”. O golpe militar, máis cun ataque contra a República, foi un ataque contra o movemento revolucionario e contra as distintas aspiracións nacionalistas, fosen estas autonomistas ou separatistas. A do 1939 foi a victoria do nacionalismo español máis virulento e excluyente, e ben ilustran as intencións do franquismo con respecto á «cuestión nacional», as palabras pronunciadas na Universidade de
Salamanca polo catedrático Francisco Maldonado de Guevara no «Día da Raza» (12 de octubre) do 36: «Cataluña e o País Vasco, o País Vasco e Cataluña, son dous cancros no corpo da nación. O fascismo, remedio de España, ven a exterminalos, cortando na carne viva como un ciruxano resuelto». O fiscal Acedo, do exército de ocupación, falaba na súa Memoria escrita en 1939 da “represión de tódalas forzas anti-españolas” .

Para comprender que os fascistas europeos querían eliminar o xermolo das novas liberdades cómpre lembrar un exemplo que non debería esquencerse; a República de Weimar: a cima da civilización occidental nas artes e ciencias tamén considerada coma un modelo de democracia, Tamén a España republicana, constitucional e democrática cun movemento obreiro e mesmo libertario moi importante como amosan as colectividades do 36 e 37 en Cataluña, a loita de guerrillas logo exportada a Cuba e un goberno anarcosindicalista da CNT tamén en Cataluña, que mesmo se chegaba a confundir co goberno da Generalitat republicano que tanto poderían servir de estímulo e exemplo senón fosen tantas veces intentados borrar da historiografía oficial.

Segundo o diccionario, historiador é aquela persoa especializada no estudio dos acontecementos do pasado mentres que historiógrafo é, un cronista, nomeado oficialmente para escribir unha historia do seu tempo ou do seu soberano. Que a historia a escriben os vencedores é algo por todos coñecido .Os historiógrafos oficiais non se conforman coa súa revisión pesimista onde ocupan lugar central as guerras, a miseria e a opresión, magnificándose as sombras, ocultando as luces e o que é peor, transmutando as luces en sombras, e se teñen adicado a borrar sistemática e concienzudamente da historia aquelo que non interesaba para a nova historia oficial. Desta forma, o manexo que os historiógrafos “a soldo” fan dos acontecimientos do pasado constitúen un medio de sometimento e control social. Recordemos a denominada Causa Xeral, Causa Xeral era un extenso proceso de investigación instruído polo Ministerio fiscal sobre la “dominación vermella” en España a partir de 1940. A información rexistrada pola CX, cuia recopilación durou ata os anos 60, levou a apertura de numerosos procesos xudiciais ate 1969, e serviu tanto coma instrumento de represión e control dos opositores, coma para fines propagandísticos do réxime de lexitimación da sublevación. As organizacións de DDHH critican que dende a Transición non existira unha investigación parcial sobor os xuízos que esclarecese os feitos atribuídos, e a responsabilidade das persoas condeadas sobre tales fundamentos, sendo por elo considerada coma a única versión dos feitos.

Da mesma forma que feitos tales coma o Pacto Molotov-Rilbentrop firmado entre a Rusia Comunista e a Alemania Nazi, tamén son borrados da historia moitas grandes conquistas reais do movemento obreiro. Vémonos na obriga de recurrir a memoria oral para rescatar do olvido acontecementos tales coma a “folga da paz” ou a “folga do aceite”, esta última en Ferrol no ano 1946, que constitui a primeira do franquismo e da posguerra, ou a historia da guerrilla galega antifascista, con loitadores coma “Foucellas” ou “Curuxás”


O escritor e periodista George Orwel en Na miña Guerra Civil Españoña: “xa me tivera percatado de xoven de que ningún peródico conta con fidelidade cómo suceden as cousas, pero en España vin por vez primeira noticias de prensa que non tiñan ningunha relación cos feitos, nin sequera a relación que se supón nunha mentira corrente(...). Na realidade, vin que a historia estábase a escribir non dende o punto de vista do que ocorrera, senón dende o punto de vista do que tiña que ter acontecido segundo as distintas líneas de partido, estas cousas parécenme aterradoras, porque fanme crer que incluso a idea de verdade obxetiva está a desaparecer do mundo. A fin de contas é moi probable que esas mentiras pasen á historia e cando morran tódolos que lembren a guerra, aceptaráse universalmente. Así que, a tódolos efectos prácticos, a mentira convertiráse en verdade”

Extendendo un horrible manto de silencio sobor os feitos do pasado buscaban deixar lacerantes as vellas feridas para que nunca remataran de cicatrizar, dando cumprimento a unha das súas máximas, a saber; “divide e vencerás”. Finalmente o obxectivo non foi conquerido. Os grandes “gurús” da psicoloxía de masas esquézense moi a miúdo, que ó igual que a represión provoca contestación, a ocultación, curiosidade. Así vemos coma dentro das sociedades actuais conviven amplos sectores de poboación de idade media e xuventude idiotizados, desorientados e desmantelados intelectual e ideolóxicamente ós que lles costa atopar referentes na loita por un mundo máis xusto, xunto con outros sectores amplamente informados e concienciados que na actualidade loitan pola recuperación da dignidade dos pobos que necesariamente pasa pola recuperación da memoria histórica con todo o que elo significa. Son precisamente no estado español parte das novas xeracións, fillos ou netos dos represaliados, as que están a traballar na recuperación da memoria histórica., rompendo co medo a falar transmitido de xeración en xeración. Nembargantes, máis ben teríamos que falar de reconstrucción da memoria histórica xa que trátase dalgo máis que un mero esforzo de investigación posto que require un activismo social destinado a desmitificar estereotipos e verdades dadas.

A tarea é ardua e moitas as dificultades, empezando porque non comezan a aparecer estudios alternativos á historiografía oficial únicamente a partires dos anos 60, algúns deles obra de españois exiliados pero as máis das veces de extranxeiros coma Hugh Thomas,Brasillach y Bardeche, Frase, Preston ou Pierre Vilar, pasando pola falta de axuda institucional, que moitas veces entorpecería os traballos dos investigadores impedindo o acceso os distintos rexistros públicos, ou mesmo a represión dos propios historiadores coma aconteceulle a Dioniso Pereira González, denunciado no 2007 por familiares do antigo alcalde de Cercedo e xefe local da Falange no 36, por denunciare a represión franquista na Galiza.

Temos que saliñar a encomiable labor dos historiadores que traballan co “rastro” dos represaliados para atopar os restos de decenas de miles de persoas que teñen permanecido desprovistas de identidade en foxas clandestinas nas cunetas das estradas ó longo de todo o territorio nacional.

Claro que toda contestación ten a súa reacción, e dende os anos 90 coincidindo co rexurdimento do movemento de recuperación da memoria histórica logo dun primeiro intento nos 80, a ultradereita rescata o discurso franquista, revivindo os mitos fascistas e mesmo xustificando o golpe militar. A Ley de Amnistía de 1977, os Pactos de silencio implícitamente aceptados polos axentes políticos da non tan modélica transición que permitiron o silencio, olvido e a impunidade, e a non depuración da Administración franquista(os autores dalgúns dos ultraxes permaneceron en funcións máis aló do réxime franquista e da Transición), non podería deixarnos outra herdanza.

Na nosa sociedade, os que queren unha España única e indivisible tamén a queren enferma e desmemoriada. O “status quo” imperante deviene inalterable.... e están todos presentes...Xosé Mena Aguado, Xeral Xefe da Forza Terrestre, gritaba enchido ¡Presente! cando ameazaba con sacar os tanques a rúa se a reforma do Estatuto de Cataluña saía adiante; “As forzas armadas teñen coma misión (ante o ataque ó orden constitucional), garantir a soberanía e independencia de España, defender a súa integridade e o ordeamento constitucional”. Presentes están tamén o anterior Fiscal Xefe da Audiencia Nacional Eduardo Fungairiño xunto co seu acólito, o Fiscal Xeral do Estado, Xesús Cardenal(ós que logo faremos referencia), que nun escrito da fiscalía chegaban a lexitimar as dictaduras militares. Presentes están Manos Limpas, Falange Española das JONS , Libertade e Identidade, a subvencionada Fundación Francisco Franco, a xerarquía eclesiásica católica, FAES e as súas obscuras ramificacións, etc, etc.

O perigo dun novo rexurdimento da “besta negra”, non é figurado, pero non existe maior cego que aquel que non quere ver, ou millor, daquel adoctrinado para non poder ver máis aló dos acontecimientos inmediatos do presente. Para ter unha perspectiva histórica ampla que nos permita cicatrizar as feridas, evitar repetir os erros do pasado, comprender os resortes do poder de dominación no presente, e os medios de loita contra este poder antihumanitario e depredador, precisamos dunha cultura fhistórica que nos aporte a sensibilidade precisa para poder anticiparnos ó futuro. coma acertadamente sinalaba Balzaç; “Existen dúas historias, a historia oficial, embusteira, que nos ensina “ad usun delphini”, e a historia segreda na que se atopan as verdadeiras causas dos acontecimentos dunha historia vergoñenta”.

Non aceptamos baixo ningún pretexto esta nova historia oficial cortada a medida da monarquía constitucional, que consagra a cultura da derrota para a esquerda e desarma o pobo militante, que se constitúe coma un tributo a pagar para que a barbarie non volva a producirse, cando precisamente axuda o seu rexurdimento. Temos a responsabilidade de manter o legado dos que loitaron por un mundo máis solidario, humano e xusto, e non debemos arredarnos ante as dificultades porque a natureza da nosa tarea vai a enchernos de esperanza e positividade; temos un precioso caudal histórico por descubrir e rescatar do olvido, que de seguro farános sentir conscentes da nosa forza como factor de evolución social frente a involución irracional da barbarie.


2.-Loita pola recuperación da memoria histórica, a dignidade e a xustiza.
Durante a Guerra Civil, iniciada en julio de 1936 co golpe militar contra a II República, foron perpretados crímes atroces que o dereito internacional xa entonces tiña recoñecidos como actos proscritos polo dereito internacional humanitario. Polo seu carácter e gravedad este tipo de crímes foi sinaladao dende fines do século XIX como actos contrarios ás “leis de humanidade”, e definidos como “crímes contra a humanidade”, recoñecidos e perseguibles coma crímes contra o dereito internacional. Terminada a guerra en abril do 39 e tomado o poder polos militares alzados, instaurouse un réxime durante o cal numerosas persoas foron obxeto de persecución e represalias por motivos políticos e relixiosos, polas súas afiliacións sindicais, ou por teren sido autoridades ou funcionarios, tanto civiles coma militares, ó sevicio da II República. Unha represión que se extendeu tamén sobre as súas familias e persoas achegadas.

O réxime, que prolongaríase ata a morte do dictador, amosou ó longo dos seus casi corenta anos, un notorio desprezo polos dereitos e liberdades fundamentais. Nese contexto inscríbense tamén as cargas e prohibicións impostas cara determinadas poboacións e minorías relixiosas, a persecución e graves abusos contra persoas de etnia xitana e en contra de persoas en razón da súa orientación sexual, real ou presunta.O conxunto de abusos e crimes contra o dereito internacional que foron perpretados durante dito período, non foi unha dimensión abordada pola transición, coma tampouco o foron os dereitos das víctimas que foron privadas de verdade, xustiza e reparación, e de contar con recursos efectivos para facer valer os seus dereitos.

Non era descoñecido para ninguén que, establecido o réxime franquista, o propio terror implantado sobre a poboación serviu para anular toda pretensión de xustiza no ámbito público, e mesmo dentro das paredes do fogar, impúxose o silencio ante o temor de que simplemente falar poidera acarrear novos abusos. A Ley de Amnistía de 1977 á vez que concedía o indulto e a posta en liberdade dos presos encarcelados por motivos políticos, incluía disposicións de pretendido perdón e olvido respecto de actos, considerados polo dereito internacional coma crimes contra a humanidade. Uns actos que ata entón, baixo o amparo de dito réxime, non foran perseguidos, nin os seus autores responderan perante a xustiza. Entre os crimes destacan polo seu carácter e gravedade, pero tamén pola súa magnitude: a tortura, a desaparición forzada, as execucións extraxudiciais, incluídas as numerosas execucións de persoas condeadas tras xuícios inxustos, desprovistos das máis elementais garantías do debido proceso.

Amnistía Internacional no seu informe; España: poñer fin ó silencio e a inxustiza, a débeda pendente coas víctimas da Guerra Civil e o réxime franquista, saliña que os dereitos das víctimas non poden ignorarse baixo a noción xenérica de responsabilidades atribuídas a ámbolos bandos. O esclarecemento imparcial destes feitos, os seus autores e a natureza dos crimes é unha tarea pendente. O examen de tales feitos ten que ser realizado baixo a aplicación máis estricta das normas internacionais empregando os medios idóneos para documentar os abusos. O ostensible trato desigual cara as víctimas que foron desparecidas e executadas extraxudicialmente por parte dos alzados en armas e os seus aliados, e logo polo réximen franquista, non foi tomado en conta coma punto elemental de xustiza a resolver durante a transición e os anos posteriores.

Trala Transición algúns familiares e achegados das víctimas, de forma individual e aínda con medo a represalias, emprenderon cos seus propios medios, a búsqueda das foxas para exhumar, identificar e dar enterro os seus familiares. Os obstáculos atopados e a inquietude ante o contexto político desa época, frenarían os seus empeños.É cara finais dos noventa, cando asociaciós de familiares de desaparecidos e executados extraxudicialmente, organizacións en demanda da redignificación das víctimas represaliadas polas súas ideas políticas e filiacions sindicais, e colectivos dos chamados presos sociais que sufriron persecución e abusos graves en razón da súa orientación sexual real ou presunta, empezaron a facer sentir as súas voces. A partires dese momento comeza a haber unha demanda crecente polo dereito das víctimas á verdade, a xustiza e a reparación, aunada a unha recuperación e reconstrucción da memoria histórica co fin de dignificar as víctimas e coñecer a verdade. Entre as accións incluíuse o desenrrolo de recursos para revisar e anular as sentencias de quenes foron executados tras xuícios sumarísimos en xurisdicción militar, procesos dos que se alegou ausencia total das debidas garantías: carencia de imparcialidade, indefensión, condeas carentes de probas e motivadas por persecución política, tortura e tratos crueis, coa intención de extraer confesións ou infrinxir sufrimento, entre outras irregularidades.

As institucións públicas permaneceron de espaldas as máis elementais reclamacións das víctimas, dende facillitar o seu acceso a archivos, dar resposta en canto a exhumación e identificación de restos, ate acceder a xurisdicción para a revisión e anulación de sentencias emitidas por tribunais militares, que deron lugar á execución dos condeados.

3. Principio de Xustiza Universal.
Clara é a vontade de pasar páxina por parte dos sectores máis reaccionarios, valga a modo de exemplo paradigmático a cruzada do anterior Fiscal Xefe da Audiencia Nacional, Eduardo Fungairiño, por defender os dereitos dos asasinos de masas, boicoteando dende a súa posición institucional todo intento de facer xustiza.

Perante a posibilidade de que o dictador chileno Augusto Pinochet fora extraditado en 1998 polas autoridades inglesas a España, para seren xulgado na Audiecia Nacional por crímenes de lesa humanidade e por delito de xenocidio baixo ó principio de xustiza ou xurisdicción universal(art.23.4 LOPJ), polo cal a Audiencia Nacional é competente para xulgar delitos de lesa humanidade como o delito de xenocidio e delito de terrorismo, aínda que fóran cometidos máis aló das nosas fronteiras, nun escrito sen firma atribuído polo propio Xesús Cardenal a Fungairiño, a fiscalía opoñíase a competencia do xuiz Garzón.

Este escrito chegaba a convertir determinados golpes militares nunha especie de imprescindible interrupción do orde constitucional co fin de que o organismo enfermo, España no 36, Chile no 73 e Arxentina entre o 76 e 83 recuperaran a saúde e vigor perdidos. Así, as Xuntas Militares chilenas e arxentina “non pretendían senón a substitución temporal do orde constitucional establecido co fin de subsanar as insuficiencias do estado democrático para manter a paz pública”. Argumentaba, facendo unha interpretación torticera da ley, que Pinochet, non podía ser xulgado por delito de xenocidio nin de terrorismo porque en Chile non se perseguira ningún grupo étnico en concreto, pronunciándose así en contra da competencia do xuíz Garzón. Considera Fungairiño que; “na medida que as transgresións cometidas polas dictaduras militares non poden calificarse coma delito de xenocidio porque non se orientan respecto dunha raza, etnia ou grupo social determinado, nin coma delito de terrorismo porque non tratan de subvertir o orde constitucional ou institucional, e polo tanto non poden ser xulgadas polas autoridades españolas”.


O termo xenocidio ven das raíces gens(do latín que significa familia, tribu ou raza), e cidio( do latín dicere, forma combinatoria de caedere, matar). O seu creador, un xudeu polaco quería facer referencia con él as matanzas por motivos raciais, nacionais ou relixiosos. O Tribunal de Nuremberg no 45 definiu como “crimes contra a humanidade”, do cal o delito de xenocidio forma parte, o “asasinato, exterminio escravitude, deportación e calquera outro acto inhumán contra a poboación civil, ou a persecución por motivos relixiosos, raciais ou políticos”. No 46 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas definíuno coma “unha negación ó dereito de existencia a grupos humans eneiros, entre eles os relixiosos, raciais e políticos” que cristalizou na Convención para a Prevención e sanción do delito de Xenocidio adoptada pola AGNU en 1940.

Podemos ver que únicamente unha interpretación restrictiva, basada únicamente na raíz etimolóxica do termo(gens) pode reducir o delito de xenocidio ó asasinato, persecución, exterminio dunha raza concreta, ademáis que como sabemos, na Alemania nazi fóron non só perseguidos cidadáns de orixe xudía, senón todo tipo de opositores e disidentes, incluso do mesmo partido nacionalsocialista(purgas), inelectuais, persoas enfermas, xitans, homosexuais etc, e dela, desta interpretación restrictiva podería sacarse a conclusión de que para Fungairiño, é lexítimo(ou polo menos o dereito internacional non castiga), masacrar a poboacións enteiras mentres non integren unha etnia concreta se así se restitúe a paz social. Desta forma perbirte a concepción clara e inequívoca dos delitos de lesa humanidade. De feito, se aceptáramos o concepto de xenocidio ligado a unha raza en concreto, coma supostamente el fai, non podería decirse que as persoas de orixe xudía poidan ser consideradas coma unha raza diferente da denominada branca ou caucásica, a non ser que se teña un concepto nacionalsocialista do termo.

O Fical Xeral do Estado é nomerado polo Goberno a proposta da Fiscalía Xeral do Estado o cal, pon en entre dito a suposta independencia da xudicatura, e a pretendida separación de poderes. Este fiscal do aznarato foi nomeado en 1997 sen o apoio de ningún dos fiscais españolis a título individual e de ningunha das asociacións de fiscais existentes, nunha polémica decisión do Fiscal Xeral do Estado, Xesús Cardenal. Xesús Cardenal por vez primeira na historia, propon ó Goberno o nomeamento dun fiscal de sala contra o criterio unánime, expresado en tres ocasións sucesivas do Consello Fiscal. Y é que Fungairiño, acababa de ser expedientado xunto con outros fiscais da AN, por faltar ó deber de imparcialidade ó ocultar o xuiz o resultado dunha investigación que exculpaba a un sospeitoso de ter participado no atentado sofrido anos atrás polo entonces xefe da oposición, Xose Mª Aznar.


O escrito anteriormente referido contendo estas declaracións foi presentado por Fungairiño á fiscalía nun informe sen rúbrica algunha, o ca presupón que ninguén quixo facerse responsable do mesmo, o que por sí só fala da súa solidez conceptual. Provocou asímesmo o rechazo de tódalas asociacións de xuíces e fiscais da maxistratura. Os principios básicos que provocan esta reacción son: a utilización do concepto de “estado de excepción” de Carl Schmitt e da doctrina xurídica nacionalsocialista, o que permite fundamentar que un golpe de estado non necesariamente quebranta o orde constitucional e institucional, sobrepuxando o estado de dereito tal como fixo Adolf Hitler coa república de Weimar, a negación de dereitos civis e constitucionais os cidadáns españois de ultramar que na súa maioría son emigrantes ou exiliados políticos da II República, e por último, a negación, de feito, de tódolos convenios internacionais de Dereitos Humanos que, segundo a vixente Constitución española, teñen rango de lei.

De feito, as argumentacións contidas neste escrito gardan unha asombrosa similitude coas argumentacións presentadas na AN, o día anterior a que éste saliera á luz, o 1 de octubre de 1997 polo Auditor Xeral do Exército de Chile, Gral. Fernando Torres Silva, “man dereita” do ex dictador Pinochet, que viaxou a Madrid coa finalidade de concretar cal era a posición do goberno español frente os xuícios onde se instruía a causa por cidadáns españois desaparecidos en Chile, e que xunto co xefe do SIDE(Servicio de Intelixencia do Estado) arxentino, Hugo Anzorregui, amigo persoal De X.Mª Aznar acusado no seu país de ter aportado diñeiro para a campaña electoral deste último. Ambos mantiveron conversas co Goberno Español e se supón que cando voltaron os seus respectivos países, levaban na maleta, unha copia do presente documento que terá servido de garantía da vontade do goberno de intentar archivare os xuícios. O SIDE ten presuposto resevado, non está sometido a control parlamentario algún e é o organismo encargado de preparar a defensa dos militares, o que inclúe toda forma de entorpecemento dos procedimentos xudiciais, coma a manipulación da información entre Arxentina e España , campañas de difamación e ameazas a activistas de organismos de dereitos humanos, etc. En agosto do 99 a Fiscalía Xeral do Estado apoiaría públicamente á Fiscalía da Audiencia Nacional na súa petición de liberdade para Pinochet.


Pola súa banda, a Cámara dos Lores inglesa, logo de moitas disquisiciós(lembremos a Pinochet en Londres en “petit comité” coa Tatcher), sentenciou que ó dictador chileno únicamente podía ser extraditado ó estado español para seren xulgado por delitos de tortura e conspiración á tortura .

Fungairiño, a día de hoxe destituído pola súa reiterada rebeldía antidemocrática ó fronte da fiscalía, órgano supostamente independente e sometido á ley, estába tamén así intentando pechar o camiño para que outros xenocidas non foran xulgados; a saber, os golpistas que se alzaron contra o Goberno lexítimo da II República no 36. O que avisa non é traidor, e o imperativo de que “isto non se toca”, propio dunha transición pactista que consagra como sacrosantas e inalterables, a Constitución coa súa forma de estado centralista e excluínte, a institución da monarquía, e un parlamentarismo representativo que fan da nosa unha democracia meramente formal, tivo coma consecuencia a aplicación dun correctivo plasmado por unha veradadeira cacería xudicial; o xuiz Baltasar Garzón foi imputado por tres delitos, entre eles, por un delito de prevaricación ó declararse competente para investigar a desaparición das víctimas do franquismo coma crimes contra a humanidade.

Xuristas eminentes, a organización Xuices pola Democracia e a Unión Progresista de Fiscais califican coma despropósito o auto contra Garzón e consideran que “a súa actuación é completamente axustada á legalidade nacional e internacional”, e “as denuncias contra o xuíz proveñen de organizacións herdeiras directas das implicadas nos crimes investigados”, o xuiz Garzón, coas súas luces e sombras, está a ser castigado por querer defender os represalidados e por querer dar cumplimento á ley, tanto nacional como internacional, falamos do imperativo categórico de sumisión á ley dos poderes públicos. Supoñemos que o maxistrado do Tribunal Supremo, Luciano Varela, que ten admitido a trámite a querella contra Garzón será outro defensor dos “salvapatrias”.

Existe, por outra banda un auto do xuiz Baltasar Garzón onde se demostra que o que aconteceu no estado español durante a Guerra Civil e a dictadura franquista encádrase perfectamente na figura delictiva de xenocidio. Pois a Fiscalía, pese a que este auto ten carácter público, obstaculizou a súa difusión. Por desgraza, o pasado 7 de outubro o Senado a petición do Congreso reformou o artigo 23.4 LOPJ que regulaba o principio de xurisdicción universal restrinxindo o seu alcance. A reforma supón a restricción do principio de xustiza universal ate facelo case inaplicable para delitos de xenocidio cometidos fora das nosas fronrteiras, pois agora só poderán perseguirse os presuntos delincuentes se éstos se atoparan en España, se as víctimas fosen españolas ou se concurrese algún vínculo de conexión relevante con España, e sempre que un tribunal internacional ou outro tribunal competente non tivera aberta unha investigación sobre o asunto. Todo isto lévanos a consideración de que as nosas institucións avogan por unha implícita e non escrita lei de “punto final”.

4.- Lei da Memoria Histórica.
A Lei de Memoria Histórica 5/2007 que significou un paso no recoñocemento dos dereitos e dignidade das víctimas, amósae, por outra banda, claramente insuficiente posto que non atendeu as principais demandas das organizaciós e colectivos que traballan pola recuperación da memoria histórica. Na práctica, a lei continúa deixando nas mans dos represaliados as exhumacións e, a través de distintas subvencións concedidas as organizacións memorialistas, semella teren comezado un proceso de “domesticación” das mesmas. A Lei da Memoria, espértanos do ensoño de cicatrizar o pasado dunha vez para sempre. É ineficiente porque non ten axilizado o proceso de atopar a miles de desaparecidos, nin tampouco se ten aplicado una política de exhumacions, debido a que se ten delegado nas comunidades autónomas e locais a prestación de axuda as víctimas e familiares, non facendo máis que insistir, conforme xa se viña producindo, na fragmentación da resposta e desigualdades nos apoios por razóns xeográficas. Aquí a vontade das autoridades dependía do seu grado de resistencia ou apertura hacia os dereitos das víctimas, das posicións ou interes políticos ou incluso dos presupostos e recursos disponibles. Algunos xuízes facían incluso deixación da súa responsabilidade ó inhibirse das causas interpuestas.

Amnistía Internacional lamentaba a falta de compaixón coa dor das familias quenes, de modo precario e cos seus propios medios, emprenderon a recuperación dos restos, baseándose clasi exclusivamente nas indicacións dos cada vez menos testigos superviventes, así coma que poido observar numerosas dificultades e obstáculos atopados. O feito de que o tempo corre en detrimento dos familiares dos desaparecidos, na maioría de idade avanzada, ten sido outro dos aspectos que non se teñen tido en conta. Porque a lei, neste senso, debeu de térense dotado dos mecanismos adecuados para actuar en consecuencia. Ademáis, tense criticado con dureza que os certificados que está a emitir o Ministerio de Xustiza sobor a condición de víctima faise en privado e que non veña acompañado de ningún tipo de prestación, o cal o converte nun papel inútil ós ollos de quenes teñen sufrido as feridas da represión.

Dende a Plataforma de Víctimas de Desaparicións Forzadas polo Franquismo, considérase que a ley non ten permitido avanzar en dous dos campos que tan necesariamente requeríanse para satisfacer as súas demandas: "a anulación dos xuícios e a exhumación das foxas".A lista de tarefas pendentes pola ley son numerosas como, por exemplo, a realización dun mapa de foxas ou la formalización dun protocolo para practicaren as exhumacións.
A todo elo súmase o fondo lamento de que non se aplique o dereito internacional, aludiendo ó proceso que fallidamente intentou impulsar o xuíz Garzón dende a Audiencia Nacional, para que os crimes do franquismo sexan catalogados de lesa humanidade como aconsellaba a ONU. Debería de térense satisfeito a demanda das familias dos represaliados. A ley era esencial para facer da memoria un lugar capital para a salvagarda da súa dignidade. Con ela asumíamos a responsabilidade que temos con todos y cada un dos que sofreron en nome da liberdade.

A Lei 5/2007 de Memoria Histórica, materializa un novo “punto y final”, negando o dereito á verdade e a xustiza ó garantizar os autores de grandes abusos que os seus nomes non serán revelados. Non debemos desligar o contido desta lei co feito de que no seu proceso de elaboración teñen intervido personalidades pertencentes a familias vinculadas directamente coa dictadura franquista incrustados nos órganos lexislativo, xudicial, executivo e policial- militar. O auto emitido por Garzón, é froito da loita constante das asociacións de familiares das víctimas en cuanto á aplicación da ley penal internacional.

O longo destas líneas temos expuesto que non existe ninguna vontade real de facer xustiza nin por parte da oposición, nin por parte do partido no Goberno; o PSOE, ou máis ben teríamos que dicir POSE. Unha vez máis vemos cómo utiliza os sectores invisibilizados e victimizados coma os represaliados e as súas familias, coma xa fixera coas mulleres, os dependentes ou os homosexuais, para darlle un “varniz esquerdista” ás súas propostas electorais, propostas que logo á hora de materializarse en medidas políticas concretas, demostran estar completamente valeiras de contido real. O actual goberno do POSE, xunto co do seu predecesor González, demostran ser do máis fariseo en canto a dereitos dos traballadores , estado de benestar e democracia se trata, “lobos” con “pel de cordeiro” que introduciron os contratos basura, comezaron as privatizacións, metéronos na OTAN, salpicaron a política de escándalos e corrupción...por non falar do “terrorismo de estado”. Actualmente o POSE pon en práctica exactamente as mesmas políticas neoliberais do PP. Ambos atópanse cómodos cos seus papeis de “poli malo” e “poli bon” de cara á galería, dándose as mans entre as bambalinas desta farsa chamada democracia, secuestrando, por medio dun sistema electoral inxusto ,a vontade do pobo, condeándonos a unha alternancia no poder, “agora ti, agora eu”, que na realidade se traduce nun sistema de “partido único”.

*Proposta de debate para o devandeiro Foro de Memoria Histórica; “Represión na Guerra Civil e na dictadura franquista na Galiza”. As conclusións serán enviadas por escrito ó anterior Ministo de Traballo, Celestino Corbacho que, nun encontro celebrado en Cataluña e ante os abucheos recibidos polas políticas neoliberais do POSE contra os dereitos dos traballadores e o estado do benestar, declaraba que; “tódolos galegos eramos uns fascistas”.