Actos de interes


Visita Axenda Aberta
Premede para acceder
Axenda Aberta




10/1/11

"Foro Aberto de Cultura"

"Refundando a Esquerda" en Ferrol, sigue adiante no seu proceso de construcción dunha nova esquerda,e convida a toda a cidadanía a participar no "Foro Aberto de Cultura".

O acto terá lugar,o Mércores,12 de Xaneiro,ás 19:00 h,no Salón de Actos do Centro Cultural Carbalho Calero,Ferrol

Presentan o foro debate;
Guillermo Ferrández e Juan Carlos Valle "Karlotti"

agradecemos difusión e asistencia

8/12/10

Primer Encuentro del Foro de Migraciones en Madrid

Lugar de celebración:
Centro Social Comunitario Casino de la Reina
Madrid
C/ Casino nº 3
Metro Embajadores

Para inscribirte y participar envíanos el formulario de inscripción clicando aquí
Programa

Viernes 10
18.00-21.00 h.: Inauguración y plenario con breves intervenciones representativas del ámbito de las migraciones.

Sábado 11
10.00-12.30 h.: Grupos de trabajo:
  • Ciudadanía
  • Género
  • Interculturalidad
  • Contradicción capital/trabajo
  • Precariedad y exclusión
  • Juventud
13.00-14.30 h. Plenario para la presentación de las relatorías de los grupos de trabajo y las conclusiones
15.00 Comida intercultural


Ver mapa más grande

23/11/10

"I Foro Aberto de Cultura".

"Refundando a Esquerda" convida a toda a cidadanía a participar no "I Foro Aberto de Cultura".

O acto terá lugar,o Xoves,25 de Novembro,ás 19:30 h,no Salón de Actos do Centro Cultural Carvalho Calero,Ferrol
Abrirán o foro debate;


Guillermo Ferrández e Juan Carlos Valle "Karlotti"


agradecemos difusión e asistencia

17/11/10

Manifesto

O Grupo Motor de "Refundando a Esquerda" en Ferrolterra,acordou por unanimidade,a necesidade de facer un chamamento a toda a cidadanía,para participar na "Manifestación Galega,Contra a Privatización da Sanidade Pública"
O vindeiro Domingo,día 21 de Novembro, ás 12:00 hs. en Compostela



16/11/10

``I Foro aberto de Economía Social e Desenvolvemento´´

A Asamblea de "Refundación da Esquerda",convoca a cidadanía a participar no
``I Foro aberto de Economía Social e Desenvolvemento´´ ,a celebrar o Xoves,18 de Novembro,ás 19.30 horas, no Centro Cultural Carvalho Calero .

Abrirá o foro debate:
Manolo Rivera

14/11/10

A Refundación da Esquerda,co pobo saharaui e o Fente Polisario

O pasado Martes día 9,o BNG facía unha autoconvocatoria na Plaza de Armas,en solidaridade co pobo do Sáhara.

A resposta por parte da esquerda non se fixo esperar.EU,UXT,CC.OO,AS.Fuco Buxán,AS.Memoria Historica Democratica,Colectivo Artabra21,e a AS.Lefre e Caldereta fixeron con caracter de urxencia o mesmo.
Todos convocaron na Plaza de Armas,a mesma hora que o facía o BNG.Non era plan facer a mesma reivindicación en dous puntos distintos.

Dende a Refundación,chamamos a tod@s a traballar xunt@s en solidaridade co pobo do Sáhara,e non tratar o problema unilateralmente,nin con vistas a un rédito electoral,tal como pretendía o BNG.

As xentes que traballan no proceso de "Refundando a Esquerda" en Ferrol,en vista de como se desenrolaban os acontecimentos,decidiron tomar partido no asunto,e fixeron un chamamento mediante correos electrónicos.
A concentración foi un éxito,e logrouse que a voz do pobo saharaui soáse en Ferrol 

1/11/10

``I Foro aberto de Memoria histórica´´

A Asamblea de "Refundación da Esquerda",convoca a cidadanía a participar no ``I Foro aberto de Memoria histórica´´ ,a celebrar o vindeiro 4 de Novembro,Xoves, ás 19.30 horas, no Centro Cultural Carvalho Calero .

Abrirá o foro debate:
Eliseo Fernandez
Diplomado en Biblioteconomía e Documentación, membro e colaborador do Ateneu Libertário Francisco Iturralde de Ferrol e do Ateneu Libertário Ricardo Mella de A Coruña. Colaborou coa Fundación Aurora Intermitente de Madrid,na clasificación do seus fondos hemerográficos e archivísticos, e coa Fundación Anselmo Lorenzo de Madrid e na catalogación dos seus fondos hemerográficos. Suas áreas de interés son "Anarquismo e anarcosindicalismo en Galicia", "Anarquistas galegos na emigración e no exilio", e "Bibliotecas Obreiras".
Grupo Motor

4/10/10

Posta de largo de “REFUNDANDO A ESQUERDA” ,no Teatro Principal de Compostela

O 5 de xuño de 2010 poderá pasar a historia como a data do rexurdir da esquerda anticapitalista na Galiza.

Con este pensamento abandonaron o acto principal da Refundación da esquerda o medio milleiro de persoas que ateigaron o Teatro Principal de Compostela ata o punto que ducias de persoas tiveron que presenciar o acto de pe. Agora ben, o grado de desenvolvemento do proceso da Refundación da esquerda dependerá do compromiso, esforzo e xenerosidade co que os distintos actores sociais e políticos da esquerda transformadora galega aborden o proceso de Refundación nos próximos meses, incluso anos, asemade semella fundamental a implicación de toda a cidadanía alternativa para converter o proceso de Refundación da esquerda nun feito tanxible, real e cércano a sociedade.

O acto, que resultou ameno e entrañábel, contou con Xoán Abeleira como maxistral conductor. O escritor e poeta presentou a cada un dos participantes mentres recitaba, con paixón e mestría, poemas reivindicativos acompañado por un grupo musical formado por Álvaro Muras, Karlos Barral e Julio Cuns.

O desenvolvemento do acto foi moi dinámico e agradábel, xa que logo, deseñouse con intervencións curtas para que tivesen cabida o maior número de colectivos e sensibilidades. Logo dunha fermosa introdución de Xoán Abeleira na compaña do grupo musical, interveu Xabier Ron, activista social e político, quen trala proxección do “contrato social”, unha presentación que denuncia con claridade as desfeitas do sistema capitalista, desenvolveu en ton poético unha emotiva chamada a Refundación “porque os tempos son chegados, o pobo quere esquerdas”.

De seguido tomaron a palabra Miguel Fernández, portavoz do foro social galego e voceiro da Plataforma en Defensa do Sistema Público Galego de Servizos Sociais, e o xornalista e poeta Daniel salgado quen recitou un fermoso poema cargado de ideoloxía.

Posteriormente falaron Mariluz Maset da Marcha Mundial das Mulleres e Ricardo Castro Secretario Xeral da Central Unitaria de Traballadores/as (CUT) quen fixo unha chamada a Folga Xeral que foi moi aclamada dende as bancadas.

Todas as intervencións foron grandemente ovacionadas, pero o ton aínda subiu máis cando tomou a palabra o profesor Herminio Barreiro, a quen lle seguiu o historiador Eliseo Fernández, expoñente do movemento libertario quen salientou a necesidade de desenvolver políticas participativas dende abaixo, e Mariluz Canal, avogada e activista social no eido da solidariedade e a xustiza.

Ante a imposibilidade de asistires ao acto, proxectouse un vídeo coa intervención de Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Academia Galega. Pola súa banda o Secretario Xeral do Sindicato Nacional de CCOO, Xosé Manuel Sánchez Aguión, tamén desculpou a súa presenza a última hora e delegou a súa intervención en Xavier Montero Dongil membro da Executiva Nacional de CCOO.
Finalmente interveu Mariano Abalo, Secretario Xeral da FPG, quen, ao igual que o resto dos poñentes, saudou o proceso da Refundación da esquerda na Galiza e resaltou a importancia e necesidade de crear unha fronte ampla da esquerda anticapitalista.

Pecharon o acto por parte de Esquerda Unida, como organización iniciadora do proceso, o seu Coordinador Federal, Cayo Lara, e a Coordinadora Nacional, Yolanda Díaz. As súas intervencións foron constantemente interrompidas polos aplausos dun público totalmente entregado e ilusionado en que outro mundo non só é posíbel senón que é necesario mediante o desenvolvemento dun novo xeito de facer política que sexa quen de reactivar a sociedade.

Cayo Lara, que salientou o proceso de Refundación que se está a desenvolver na “Galiza”, arremeteu contra o club de Bilderberg indicando que se están a reunir “os terroristas financeiros internacionais”, os responsables da caos financeiro, a crise e o paro, acompañados por gobernos servís que están de xeonllos ante o poder financeiro, entregando a este os estados e as democracias, e dicir o poder popular. Lara indicou que a cidadanía non ten que poñer os recursos para saír da crise, senón os poderes financeiros, que son os que a xeraron, por iso apoia a folga do sector público do 8 de xuño e a avoga por unha folga xeral para demandar que sexan os estados os que controlen e regulen a economía, “Estamos no mundo ao revés, as democracias controladas, tuteladas e presionadas polas ditaduras dos poderes financeiros”.

Por último, Yolanda Díaz indicou que “a esquerda cometeu numerosos erros e non os queremos ignorar”, pero os tempos son chegados para a Refundación da esquerda, así pois “este acto non é mais que o pistoletazo de saída” dun proceso que pretende atopar unha "alternativa política fronte ao sistema capitalista depredador" a través dun proceso de "converxencia" con "toda a xente de esquerdas deste país" na procura de “construír unha ferramenta política que sexa capaz de incidir na realidade económica e social en Galicia” e transformar a sociedade. Asemade Díaz afirmou que Galicia ten historia e identidade propia, e debe poder empregar o dereito de autodeterminación ”co obxectivo de que, o pobo galego, leve a cabo “de xeito libre a súa condición política e o seu desenvolvemento”